venres, 27 de xaneiro de 2017

E se chove, que chova

Inmersos neste novo proxecto esta semana o colexio apareceu completamente decorado.
Que ilusión ver a nosa casa cunha nova decoración e ademais relacionada con aquelo que estamos estudiando!
Aprender facendo e emocionándonos é a mellor forma de lembrar, e iso foi o que intentamos facer o mércores. 
Solo facía falta ver as cariñas de emoción e nervios por saber o que acontecería...






E deste xeito dispuxémonos a ver o que acontecía no noso cole...
Chegamos á biblioteca e escoitamos... a audición levounos á primavera, ao inverno, a unha tormenta, a ter que sacar o paraugas porque chovía moito... pouco a pouco entendemos que aquelo tiña algo que ver co tempo...





E chegou o momento de abrir os ollos e ver a gran sorpresa; percorremos os corredores con ilusión, abraiados con todo e sobretodo, disfrutando da nosa aprendizaxe. 






Despois, en grupos investigamos polo colexio e contestamos a unhas preguntas que nos propuxeron as profes. 
Pasámolo xenial traballando en equipo!









Sen dúbida foi unha mañá moi especial e o máis importante é que continuamos traballando no noso proxecto con moita ilusión e enerxía. 


Deixámosvos un vídeo que resume este estupendo rato que pasamos todos xuntos. Esperamos que o desfrutedes tanto coma nós!

domingo, 22 de xaneiro de 2017

As nosas habilidades

E como tarefa para a fin de semana escribimos nun papel as nosas habilidades, axudados polas nosas familias. 
É moi importante que as persoas que máis nos queren aprecien as nosas cualidades e por iso, os nenos e as súas familias adicaron un ratiño a escribir todas aquelas cousas nas que cada un destacaba. 
O luns compartimos o escrito e foi verdadeiramente reconfortante ver como todos escoitaban atentos e se interesaban por escoitar o que os compañeiros contaban.

Seguimos traballando a autoestima!















sábado, 21 de xaneiro de 2017

Visita á residencia SarQuavitae

Despois de máis de dous meses esperando, o venres 20 de xaneiro visitamos aos nosos amigos da residencia SarQuavitae de San Lázaro; era unha visita prometida e moi esperada e por fin chegou. 

Ás 10:15 subimos ao autobús e nos puxemos rumbo a San Lázaro; entre nervios e moita emoción chegamos á casa de todos os avós e avoas que xa visitaran o noso colexio no mes de outubro. 




Xa dentro da residencia os avós e avoas foron aparecendo pouco a pouco e entre saúdos e moita emoción xuntámonos con eles e con outros moitos máis nunha sala para comezar a mañá facendo un pouco de ximnasia. 





Despois recorremos as instalacións que forman a súa casa e eles mesmos nos explicaron o que facían en cada unha delas. 








E despois de todos estes momentos compartidos dirixímonos a unha sala na que algúns dos nosos amigos nos ensinaron como plantar allos. 
Puxemos terra e abono nunha maceta, introducimos os allos e os enterramos. Entre todos conseguimos facelos!

Agora, dúas das tres macetas están no noso colexio e contarémoslle aos nosos amigos a evolución dos allos... 











E como todo o bo chega a un final, rematamos merendando na cafetería da residencia e despedíndonos de todos entre bicos e abrazos.
Téñennos un pouco consentidos... e fixéronnos un agasallo moi especial coas súas propias mans. 

Hasta pronto amigos! Gracias por recibirnos tan ben e por facernos pasar un momento tan especial e agradable ao voso lado. 
Vémonos prontiño!