venres, 29 de setembro de 2017

A nosa planta

Pouco a pouco as nosas responsabilidades no cole van aumentando. Esta semana recibimos na clase a un novo membro que precisa dos nosos coidados para poder vivir...

Temos unha planta que coidaremos entre todos. Esta semana tocoulle á nosa compañeira Verónica regala, pero cada semana o fará un neno diferente.




xoves, 28 de setembro de 2017

Aniversario de Aitor

Hoxe celebramos o aniversario do noso compañeiro Aitor. 
Compartimos todos xuntos un bizcocho e moitas chuches!

Gracias Aitor! Moitas felicidades!




Xogamos ao dominó

Os xogos de mesa teñen moitos beneficios nos nenos xa que estes aprenden a seguir reglas básicas, aprenden a esperar, a respectar as quendas, a controlar a impulsividade e ansiedade...

Por todo isto, levamos uns cantos días xogando ao dominó porque ademáis de todos estes aspectos positivos repasamos coñecementos matemáticos, traballamos a atención e a relacionar parellas de debuxos. 

Aprender a compartir e a divertirse en compañía dos amigos é fundamental, e así de ben o pasan os nenos e nenas de primeiro nos ratiños libres que o traballo de aula nos deixa. 






martes, 26 de setembro de 2017

Experimentamos cos números

Na clase de matemáticas andivemos experimentando cos números, repasando como escribilos e adquirindo conceptos como máis que, menos que, igual que...
Xogar cos números e facer do cotiá algo divertido é sempre o noso propósito e así de ben o pasamos mentres aprendemos...







venres, 22 de setembro de 2017

O noso tempo de lecer

Aproveitar e disfrutar do tempo libre é algo moi importante dentro do noso día a día. 
Por esa razón, aos nenos e nenas de primaria non lles importa que chova porque nos recunchos do noso corredor hai moitas cousas que facer e para todos os gustos. 









mércores, 20 de setembro de 2017

Educación Auditiva

Dentro da Educación Musical, un dos aspectos que tratamos de desenvolver desde os primeiros cursos é o da audición. 
Aprender a escoitar, diferenciar timbres, saber cando un son é agudo ou grave, ascendente ou descendente, forte, débil, curto, longo...

É por iso que onte traballamos a través da frauta de émbolo e comezamos o desenvolvemento auditivo nunha primeira fase moi sinxela, pero esencial para un traballo máis esixente posteriormente.

Deixámosvos un vídeo dos nosos pequenos no que traballamos o desenvolvemento auditivo e ademais nos divertimos un montón.

Pepo Valores

A educación en valores é un dos eixes principais que tratamos de traballar dentro do proxecto de centro que seguimos. 
Aprender a ser xenerosos, solidarios, respectuosos, amables, a compartir, axudar aos demais... son valores fundamentais para a formación como persoas. 

Por esta razón, a semana pasada coñecemos a Pepo Valores; Pepo é un neno que vive en Valorandia, un país no que todo o mundo ten moitos valores. 

Ademais, Pepo presentounos á súa familia; aos seus pais Pepe e Dina, aos seus irmáns Pepa, Pepi e Pipo e ao avó Pepón, que está xubilado e vive con eles. 


Pero Pepo, tamén nos quixo contar como eran os nenos e nenas da súa clase; primeiro coñecemos a Cuqui Coloca, una nena que é moi ordenada e que sempre axuda coas tarefas na súa casa e se ocupa de ordear o seu cuarto. 
Cuqui pórtase tan ben cos seus xoguetes que estes ata lle dan una enorme sorpresa...


E por último coñecemos a Rubén Convivebien, un neno que solo poden ver os nenos e que sempre axuda a resolver os conflitos que aparezan. 


Se queredes saber máis preguntádelle aos nenos e nenas da clase de primeiro que son uns expertos e xa coñecen á perfección a estes personaxes...
Seguirémosvos presentando ao resto de membros desta divertida historia, e esperamos que os valores que nos ensinan todos eles nos axuden no noso día a día. 

martes, 19 de setembro de 2017

Compartimos momentos

O luns Carlota compartiu con nós algunas cousas que trouxo da súa casa. Foi un momento moi divertido no que comentamos o que sabiamos sobre os carballos, as landras, as castañas, a entrada do outono, as espigas de millo... 

Con que pouco temos un novo tema de conversación e podemos desenvolver as nosas relacións e a expresión oral!

Deixámosvos unhas fotos do momento!








venres, 15 de setembro de 2017

A nosa primeira semana en primaria

Cantas emocións xuntas en tan pouco tempo. Comezamos o cole de primaria e case sen darnos conta deixamos atrás a Educación Infantil para convertirnos en maiores... canta responsabilidade! 

Despois de todo o verán esperando por fin cruzamos a porta do cole como nenos e nenas maiores e comezamos unha nova etapa que non fai máis que comezar. 

Esta semana coñecemos aos novos compañeiros, xogamos xuntos, aprendemos algunhas normas importantes do cole novo, tamén diferentes formas de traballar, profes novos, espacios nos que nunca estiveramos... 

Deixámosvos algunhas fotos para que vexades como traballamos e tamén como nos divertimos, que non vai ser todo traballar!

Coñecemos o cole.

Coñecemos as instalacións








Bailamos un pouquiño.


Xogamos cos globos e coa música.







Relaxámonos pintando mandalas.

E tamén traballamos matemáticas e lingua.



Fixemos papiroflexia.







E pasámolo moi ben!
Boa fin de semana a todo o mundo!