mércores, 29 de maio de 2019

SOMOS ÚNICOS E ESPECIAIS

Continuamos traballando a importancia das emocións no noso desenvolvemento como persoas para unha mellor xestións dos sentimentos, conflictos...
Para iso é importante comprender que cada persoa é única e especial, que temos diferenzas que son positivas e enriquecedoras e saber o que compartimos en común cos demais tamén nos axuda a saber respectar o que é diferente.
Estivemos traballando a empatía a través dunha dinámica que nos ensinou a fada Iris, do bosque das emocións, na que cada compoñente do grupo tiña un papel de cores diferentes e no centro da mesa outro papel doutra cor. Cada un do grupo, por quendas, ía dicindo o que máis lle gustaba (comidas, xogos, lugares...) e se ninguén máis do grupo compartía ese gusto, o apuntaba no seu papeliño, sen embargo, se había máis compañeiros que compartían os mesmos gustos, anotábase no papel do centro.
Sorprendeunos descubrir que temos moitas cousas en común e que isto nos permite coñecernos mellor e poder compartir máis momentos de xogo variado e con máis xente da que pensabamos.

Outra dinámica que nos axudou a coñecernos mellor, a nós mesmos e aos demais, foi a de "elementos únicos". A través dun debuxo dun átomo, coa nosa foto como núcleo, no centro, fomos escribindo ou debuxando cousas que nos gustaban (cores, películas, cancións, deportes, comida...). Axudounos a poder expresar libremente os nosos gustos e opinións, fomentando así o respecto e a escoita por parte dos demais compañeiros.




luns, 27 de maio de 2019

PEREGRINOLANDIA

No segundo trimestre estivemos aprendendo un montón de cousas sobre Santiago de Compostela. Aprendemos sobre a súa historia, os seus barrios e rúas, sobre o camiño...

Durante semanas estivemos preparando un vídeo no que explicamos cales son os camiños de Santiago e cales son os puntos máis importantes da cidade.

Esperamos que vos guste o resultado!

https://www.youtube.com/watch?v=8nDHUkaVlzM



xoves, 23 de maio de 2019

¿CUÁNTOS MILILITROS...?

Hoy en matemáticas hemos estado trabajando la medida en líquidos a través de diferentes objetos y su capacidad de absorción. De entre cuatro objetos diferentes; un calcetín, algodón, una esponja y una bayeta, debíamos antes de nada deducir cuál creíamos que absorbería más y cuál menos. El siguiente paso.. ¡comprobarlo! Para ello sumergimos cada objeto en una tina con agua y luego lo escurrimos en un vaso medidor para poder comprobar cuántos mililitros había absorbido.
Sin duda ha sido una gran experiencia.











mércores, 22 de maio de 2019

CUMPLEANOS FELIZ!

Hoxe continuamos cos cumpleanos! Esta vez tocoulle á nosa compañeira Antía que nos trouxo un biscoito caseiro moi rico.
Moitos parabéns Antía!


xoves, 16 de maio de 2019

DOBLE CUMPLEAÑOS FELIZ

Hoy celebramos un cumpleaños doble, el de los hermanos Alan y Noa que ya tienen siete años y lo han querido celebrar en el cole, con sus compañeros, compartiendo dos ricos dulces: un bizcocho y una tarta de almendra.
¡Muchas Felicidades Noa y Alan!


LETRAS GALEGAS

Como cada ano, o 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, e o homenaxeado do 2019 é o etnógrafo galego Antonio Fraguas.
Ao longo desta semana, estivemos coñecendo un pouco a este autor, a súa traxectoria profesional vinculada a espazos da nosa cidade (o IES Rosalía de Castro e o Museo do Pobo Galego) e a importancia da defensa da cultura e lingua galegas.
Traballamos textos, poemas e debuxos que nos axudaron a coñecer mellor as nosas tradicións coma o traballo no campo, os mariñeiros...




mércores, 15 de maio de 2019

SUMAMOS LLEVANDO

La semana pasada comenzamos a sumar llevando y para ello hemos jugado con las tarjetas numerales y los palitos. De esta manera las hemos entendido a la perfección mientras disfrutamos jugando.






luns, 13 de maio de 2019

CREAMOS FRASES CON NEXT

Un bo xeito de traballar a elaboración de pequenas frases é coa axuda do noso amigo Next. Baixo o panel atopamos unha serie de palabras desordenadas e, a través das ordes que lle damos a Next, podemos xuntalas tendo en conta a importancia de que teñan sentido. Un bo traballo en equipo tamén axuda a aprender e disfrutar!






venres, 10 de maio de 2019

TARDE DE CIENCIA

Hoxe tivemos a oportunidade de coñecer a Sara, unha química que nos falou de moitas cousas relacionadas coa ciencia.

Explicounos por encima cales son as ramas da ciencia, ensinounos como debe ir vestida e protexida cando vai ao seu laboratorio e puidemos ver algunhas fotografías deste.



Despois pasamos á acción, fixemos tres experimentos. No primeiro aprendemos por que o ceo é azul, e resulta que ten que ver coa luz solar, a atmosfera e a posición da Terra con respecto ao sol.


O segundo foi un pouco mási difícil, pero un dos que máis nos gustou. Sabíades que mezclando auga cunha Lombarda a auga vólvese morada? E que si mezclas esta auga morada con diferentes ácidos (vinagre, limón, champú, bicarbonato...) obtés mezclas de cores ao momento? 


https://www.youtube.com/watch?v=W-JU0HEy5fE  (neste enlace veredes o experimento completo)

E por último fixemos o noso propio slime! Ese "moco" verde que tanto nos gusta aos rapaces.






Moitísimas gracias Sara pola túa visita e por todo o que nos ensinaches!




xoves, 9 de maio de 2019

IMOS DE EXCURSIÓN

O pasado martes fumos de excursión a Fervenzaventura con todos os nosos compañeiros, dende 3º de infantil ata 3º de primaria.



A verdade e que o pasamos xenial, coñecimos un montón de animais, dende a cucha Toxa ata a egua Estrella. Puidemos alimentar, tocar, e incluso montar algúns destes animais.









Pero tamén tivemos talleres onde aprendimos características de diferentes familias de animais e incluso puidemos ver algúns reptís conservados con diferentes técnicas.







Sen dúbida un gran día que non esqueceremos doadamente.