Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía de Castro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía de Castro. Amosar todas as publicacións

venres, 3 de marzo de 2023

AS MARIONETAS DE ROSALÍA

Coma un dos actos nos que traballamos a vida desta coñecida autora, o martes puidemos desfrutar dunha pequena obra con marionetas sobre a vida de Rosalía de Castro.

Os compañeiros/as de 6º prepararon unhas marionetas para representarnos, tanto a nós como aos nosos compañeiros/as de 2º, unha pequena obra sobre a vida da autora galega.

Pasámolo moi ben e grazas a eles puidemos aprender un poquiño máis sobre non só a autora, senón tamén sobre a muller e a persoa que foi Rosalía de Castro.






xoves, 23 de febreiro de 2023

CALDO DE GLORIA

 Para celebrar o Día de Rosalía, puidemos desfrutar dun sabroso caldo galego no noso comedor, facendo referencia ao poema no que a autora galega explicaba, entre outras cousas, como facer esta humilde receita galega. 

Para iso, a maiores da sabrosa comida, puidemos contar cos manteis co poema, para que todos e todas os puidesemos ollear durante o noso xantar.

Feliz Día de Rosalía!







mércores, 23 de febreiro de 2022

CELEBRANDO A ROSALÍA

O 23 de febreiro conmemórase o nacemento da nosa máis grande escritora galega. Data importante que non pode quedar sen celebrar e desfrutar.

Por iso os nosos compañeiros do curso de 5° fixeron un bonito conto sobre a vida e obra de Rosalía. O formato do conto que realizaron foi para o kamishibai, unha técnica de contacontos xaponesa que conta cun teatro de madeira moi espcial que contén o conto.

Visitamos a biblioteca para que o grupo de compañeiros nos contasen o conto o cal escoitamos con moita ilusión.

Pero ademais, tamén tivemos unha visita moi especial, veu Crisanta, a cociñeira do Pazo da Matanza, a casa de Rosalía, e fíxonos un rico "caldo de gloria" mentres nos contaba como era vida xunto a Rosalía de Castro e a súa familia.