venres, 25 de febreiro de 2022

QUE VEN O ENTROIDO

Ao longo de toda a semana a Meca ordenounos unha vestimenta moi especial e peculiar para prepararnos para celebrar o Entroido.

Cada día tiñamos que levar algo diferente ata chegar ao venres, día no que nos disfrazamos todos de hippies felices e compartimos, pola tarde, unha divertida festa.

Que si o mandilón do revés, que si algo no pescozo, que se levar un mandil para cociñar un rico "caldo de gloria", que si decorar a cabeciña... Cada día botabamos unhas boas risas cos adornos que levavamos.







xoves, 24 de febreiro de 2022

CORREDORES ACTIVOS

Esta semana tivemos a sorte de poder participar nunha sesión de Educación Vial no cole. 

Trátase dun corredor activo no que os nenos e nenas traballan de forma sensorial os hábitos e comportamento orientados á mobilidade e sustentabilidade. 

Que ben o pasamos nesta sesión! 

Deixámosvos vídeos e fotos!


Fai clic na imaxe para ver máis.


mércores, 23 de febreiro de 2022

CELEBRANDO A ROSALÍA

O 23 de febreiro conmemórase o nacemento da nosa máis grande escritora galega. Data importante que non pode quedar sen celebrar e desfrutar.

Por iso os nosos compañeiros do curso de 5° fixeron un bonito conto sobre a vida e obra de Rosalía. O formato do conto que realizaron foi para o kamishibai, unha técnica de contacontos xaponesa que conta cun teatro de madeira moi espcial que contén o conto.

Visitamos a biblioteca para que o grupo de compañeiros nos contasen o conto o cal escoitamos con moita ilusión.

Pero ademais, tamén tivemos unha visita moi especial, veu Crisanta, a cociñeira do Pazo da Matanza, a casa de Rosalía, e fíxonos un rico "caldo de gloria" mentres nos contaba como era vida xunto a Rosalía de Castro e a súa familia.









 

luns, 21 de febreiro de 2022

VERBOLARIO

Aprender xogando sempre é máis divertido, sobre todo porque podemos compartir bos momentos cos compañeiros do equipo.

Un novo xogo que coñecimos é o chamado "Verbolario". Un conxunto de tarxetas cheas de letras maiúsculas e minúsculas, formando círculos de cores. Nas esquinas das tarxetas hai varios puntiños dunha cor que é a que nos indica o círculo no que temos que descubrir a palabra escondida. Unha vez descuberta, o secretario do equipo a escribe a palabra no caderno de galego.

Divertíndonos e aprendendo vocabulario en lingua galega!!!!!!












venres, 18 de febreiro de 2022

AS CORES E A LUZ

Realizamos outro experimento sobre a cor no que aprendimos que a cor branca recolle todas as cores e a cor negra non contén ningunha cor.

Para chegar a este aprendizaxe, fixemos un experimento moi sinxelo, pero á vez moi divertido e sorprendente.

Aproveitando unha tardiña de sol, saímos ao claustro do cole, levando tres globos de cores (amarelo, verde e laranxa), un globo branco, unha lupa e un rotulador negro. A profe colleu un dos globos de cores e dirixiuno cara a luz do sol e achegou a lupa ao globo. Ao pouco tempo, sen nós sabelo, o globo estoupou!!!!!! E o mesmo ocorreo cos outros dos globos de cores. Puidemos observar que dependendo da cor, estoupaban máis rápido ou con máis tempo.

Cando a profe probou co globo branco, vimos que pasaba o rato e non estoupaba, polo que a profe explicounos que o branco é a cor que inclúe todas as cores do espectro. Por iso, ao reflexarse a luz do sol, non sucedía nada. Pero en canto lle dibuxou un circuliño negro e puxo a lupa enriba, foi o globo que máis rápido e en menos tempo estoupou!!!!!! Por a cor negra non cpntén ningunha cor.







mércores, 16 de febreiro de 2022

CORES QUE CAMBIAN DE COR

Unha das características dos materiais é a súa cor. Reflexionando sobre o que hai ao noso arredor, observamos que estamos rodeados de moitas cores. E preguntámonos se é posible que esas cores cambien e se é así como pode suceder.

Para iso realizamos un experimento no que empregamos varios líquidos de cores (refresco de cola e laranxa, infusión de té, enxuague bucal e lixivia).

Cada líquido estaba dentro dun pequeno frasco, pola metade que completabamos coa lixivia. Esta ao ser oxidante fixo que as cores cambiasen e incluso "desaparecesen".

Para a realización do experimento seguimos os seis pasos do método científico que nos axudan a ver, entender, reflexionar e incluso sorprendernos coas cousas que ocorren ao noso arredor.









luns, 14 de febreiro de 2022

DIANAS AUTOAVALIACIÓN

O traballo por proxectos inclúe diferentes tipos e modelos de avaliación. Entre eles están as dianas de autoavaliación que constan de varias preguntas que buscan a reflexión persoal sobre o traballo realizado. Esas preguntas van dende a atención prestada ás explicacións dos profesores, o traballo en equipo, a aprendizaxe de cousas novas...

A cada pregunta se a respostas é positiva coloréase a zona da diana correspondente e se a resposta é negativa non se colorea. Así faise visible para o alumnado a e realización do seu traballo e a evolución do mesmo. 

Insístese moito na importancia de ser sinceiros para unha mellor autoavaliación, realizar unha reflexión axeitada e comprometerse a mellorar na seguinte actividade.









xoves, 10 de febreiro de 2022

MATIJUEGOS

Entre los muchos materiales que contamos en Emat, uno de los que más nos gusta son los matijuegos.

Son tableros con muchos y diferentes juegos, algunos por niveles, que nos permiten practicar y aprender a través del juego. Por equipos, podemos no solo reforzar lo aprendido, sino también trabajar la importancia de las normas del juego y el respeto de las mismas.

Uno de los primeros matijuegos que usamos nos ayudó a repasar las sumas y restas. Con fichas de colores cubríamos diferentes números deuna operación y después de lanzar el cubo numérico (rojo o azul) teníamos que calcular enqué operación faltaba dicho número. También pudimos aprender y practicar la estrategia ya que dependiendo de los números en el tablero podíamos lanzar el cubo azul o el rojo.








luns, 7 de febreiro de 2022

O GLOBO QUE NON ESTOUPA

Unha das características dos materiais é a súa resistencia e, para vencela, precisamos a forza.

Para probar esa resistencia realizamos un experimento noque empregamos un globo, moitas chinchetas e unha cartulina.

Na cartulina, fomos clavando moitas chinchetas xuntas en varias liñas. A profesora chamou a varios axudantes para esa importante labor. Cando xa tiñamos as chinchetas clavadas, crimos que ao poñer o globo enriba delas, pola parte afilada, estouparía. Pero non foi iso o que ocorreu!!!! De feito, non ocorreu nada!!! O globo seguiu intacto. Entón a profe quitou todas as chinchetas menos unha e volveu colocar o globo enriba desta. E cando esperabamos que non acorrería nada, resultou que o globo estoupou!!!!!

A prpfe explicounos a importancia da superficie e o reparto da forza na resistencia dos materiais. Cando a forza está repartida entre moitas chinchetas, o globo non estoupa. Pero cando a forza se concentra, a agulla afilada fai estoupar o globo.