mércores, 2 de febreiro de 2022

MÉTODO CIENTÍFICO

Dentro do noso proxecto "Clube dos científicos" algo importante que tiñamos que coñecer, aprender e practicar é o método científico. Unha serie de pasos que axudan a etender a realidade que nos rodea e a experimentala.

Son 6 pasos que van dende a observación do nosos entorno, preguntarnos o porque do que ocorre ao nosos arredor, facer unha estimación ou hipótese, realizar un experimento, anotar os resultados do mesmo e as conclusións.

Con cada experimento que realizaremos, cubriremos eses seis pasos tan importantes, tanto que ata nas dianas de autoavaliación, unha das preguntas é se somos capaces de explicar os pasos do método científico.