mércores, 16 de febreiro de 2022

CORES QUE CAMBIAN DE COR

Unha das características dos materiais é a súa cor. Reflexionando sobre o que hai ao noso arredor, observamos que estamos rodeados de moitas cores. E preguntámonos se é posible que esas cores cambien e se é así como pode suceder.

Para iso realizamos un experimento no que empregamos varios líquidos de cores (refresco de cola e laranxa, infusión de té, enxuague bucal e lixivia).

Cada líquido estaba dentro dun pequeno frasco, pola metade que completabamos coa lixivia. Esta ao ser oxidante fixo que as cores cambiasen e incluso "desaparecesen".

Para a realización do experimento seguimos os seis pasos do método científico que nos axudan a ver, entender, reflexionar e incluso sorprendernos coas cousas que ocorren ao noso arredor.