Amosando publicacións coa etiqueta CienciasNaturais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CienciasNaturais. Amosar todas as publicacións

mércores, 22 de maio de 2024

O AZUCRE DOS ALIMENTOS

Estes días reflexionamos sobre os alimentos que tomamos habitualmente, especialmente, analizando a cantiade de azucre que conteñen. 

Fixemos unha medición e calculamos a cantidade de azucre que tiña cada un deles. O obxectivo de todo esto é que sexan conscientes do azucre que teñen algúns dos alimentos que consumimos a diario e que debemos moderar o seu consumo. 

Deixámosvos algunhas fotos do "experimento" realizado. 






martes, 21 de maio de 2024

VISITA AO PARQUE DE BONAVAL

Hoxe tivemos unha pequena saída para visitar o Parque de Bonaval, dentro da actividade promovida polo Centro de Información dos Parques e Xardíns, "Da árbore ao bosque".

Da man de Irene, coñecimos especies autóctonas da nosa contorna, como diferencialas e aprender a observalas con detalle. Dentro da carballeira observamos os carballos de cerca e poidemos ver cantos anos teñen observando os aneis do tronco. 

Unha actividade moi interesante e relacionada co noso último proxecto deste curso "Enraizados". 

Deixámosvos fotos desta saída. 

Fai clic na imaxe para ver máis.


mércores, 8 de maio de 2024

O HORTO

O noso proxecto continúa e esta semana por fin plantamos algunhas cousiñas no noso horto. 

Grazas á axuda de Javi e Andrés poidemos poñer a punto os maceteiros e sementar todo para que medre bonitiño. 

Deixámosvos algunhas fotos da plantación. Fixémolo moi ben!
























mércores, 24 de abril de 2024

O FOTOTROPISMO

Hoxe na clase aprendemos que as plantas para poder crecer necesitan da luz do sol. 

Por esta razón, sementamos unhas lentellas en algodón e as metemos dentro dunha caixa cun buratiño. Cando a planta crezca debería saír polo buratiño porque precisan da luz do sol para crecer e sempre a buscan. 

Empezamos por escribir nunha rutina de pensamento o que pensabamos que pasaría, e cando o experimento finalice completaremos o que realmente pasou. 

Deixámosvos algunhas fotos da tarde de hoxe. 















xoves, 18 de abril de 2024

O SEMENTEIRO

Esta semana traballamos moito dentro do proxecto, co fin de obter froitos moi pronto; e non o decimos por decir, é que esta semana fixemos un pequeno sementeiro dentro da clase. 

Cada un de nós sementou diferentes tipos de plantas en tarriños pequenos,e cando empecen a crecer, o obxectivo final é facer un horto no cole, e aprender a coidalo. 

Deixámosvos fotiños do proceso, xa que fixeron todo os nenos e nenas, e quedounos un sementeiro ben bonito!














mércores, 10 de abril de 2024

AS PARTES DAS PLANTAS

Na tarefa 1 do proxecto aprendemos as partes que forman as plantas. 

Trátase dun contido básico, necesario para todas as actividades prácticas que faremos ao longo das próximas semanas.