xoves, 22 de xuño de 2023

Produto final do proxecto PLÁNTATE

 Hola familias!

Xa puxemos o noso broche a este proxecto que nos levou a coñecer as plantas, desde como nacen, crecen, reprodúcense, que usos podémoslles dar e como non axudan a ter unha vida máis saudable.

Para elaborar o noso produto final e recoller todo este coñecemento, decidimos elaborar unha exposición para os que foron os nosos padriños este curso, é dicir, a clase dos nosos compañeiros de 5º.

Para iso saímos por equipos, ataviados coas nosas tablets, e fotografamos as plantas que máis nos chamaron a atención do noso "camiño das fadas".



Despois, en clase decidimos con que fotos quedariamos e editámolas para realizar unha clasificación das plantas que fotografamos.

Por último, proxectamos o noso traballo e expuxemos diante da clase de 5º o que aprendemos estas semanas.

Moitas grazas a todos pola vosa atención e desexámosvos un feliz verán cheo de ilusión e descanso.

Ata a volta.

















mércores, 21 de xuño de 2023

Acabamos de sementar galego

Como xa sabedes, nas clases de Lingua Galega durante varias semanas estivemos traballando nunha actividade titulada Sementando Galego.

Unha tarde, atopámonos cun salgueiro chorón diante da nosa clase. Pero ese salgueiro non tiña follas...

Como estábamos traballando co noso proxecto do 3º trimestre, Plántate, decidimos devolverlle ao noso salgueiro a súa follaxe.

Cada un de nós foi escribindo, folla por folla, palabras en galego que nos gustan ou que aprendimos durante o curso.

Ao final, quedounos un salgueiro repleto de follas!



Quedounos unha última actividade en galego moi bonita, e foi unha maneira interesante de expresar o vocabulario que aprendimos durante todo o curso.

Bo verán a todos!!!


A nosa horta (2 parte)

Ola de novo!


Aquí tedes o resultado da nosa horta, poderedes ver a evolución das nosas plantitas, as cales puidemos probar (seica algún prendeu a lingua co pemento 😂, e se non preguntádelle ao teacher Javi).


Os tomates comezaron a crecer, os pementos botan lume, os amorodos arrecenden, as leitugas super tenras...


Todo o que puidemos aprender e o que practicamos ben vale un bocado.


Deixámosvos un vídeo de colléitaa dalgún dos produtos.



Ata pronto!



martes, 20 de xuño de 2023

A nosa horta (1 parte).

 Ola familias!


Queremos presentarvos a evolución da horta do noso cole.

Os alumnos de primeiro asumimos o reto neste proxecto, de montar a nosa horta. Tivemos que aprender moitas cousas sobre as plantas, de onde veñen, como nacen, os seus partes, os tipos que hai, as súas necesidades, os usos que lles damos ás plantas...

E por último, entendemos que nos axudan moito para ter unha vida saudable.

Así pois, deixámosvos cunhas fotos para que poidades ver a evolución da nosa horta, e de paso agradecer a Andrés, que nos botase unha man para preparala e tela a punto. 

Grazas!














Rutina de pensamento Causa-efecto

 Ola familias,

hoxe mostrámosvos unha das rutinas que introducimos neste terceiro proxecto.

Trátase da rutina Causa-efecto. A partir dunha serie de causas relacionadas co traballo que estamos a desenvolver, os alumnos deben pensar cal será o seu efecto e que consecuencias terá. Iso plasmarano mediante un debuxo na casa correspondente. 

Un saúdo.











xoves, 15 de xuño de 2023

JAQUE

En 1º hemos estado aprendiendo sobre el "jaque". Hicimos diferentes actividades y finalmente lo llevamos la práctica en el tablero.





venres, 9 de xuño de 2023

VISITA DE LOS COMPAÑEROS DE 6º DE EI

Hoy recibimos la visita de nuestros compañeros de 6º de infantil y como no podía ser de otra manera fuimos unos buenos anfitriones. Primero nos juntamos en la biblioteca y estuvimos haciendo algunos juegos al ritmo de la música.




Después, les estuvimos enseñando todos el colegio para que el curso que viene ya sepan a donde ir en cada momento. Eso sí, hicimos una pequeña parada  en el aula naranja para hacer unos juegos de equilibrio.





A continuación, merendamos y disfrutamos todos juntos del recreo. Aunque la lluvia no nos dejó ir al patio exterior estuvimos jugando en los diferentes rincones del pasillo y en clase.



Cuando terminó el recreo, les enseñamos a manejar las tablets un poquito, entramos en google classroom y jugamos  a algunos juegos de números y letras que las profes nos tenían preparados. Por último, también pudimos pintar un poquito en la aplicación PenUp.




Para terminar, tuvimos un momento de reflexión. Hicimos un CSI sobre lo vivido en el día de hoy y lo fuimos compartiendo con los compañeros.