mércores, 21 de xuño de 2023

Acabamos de sementar galego

Como xa sabedes, nas clases de Lingua Galega durante varias semanas estivemos traballando nunha actividade titulada Sementando Galego.

Unha tarde, atopámonos cun salgueiro chorón diante da nosa clase. Pero ese salgueiro non tiña follas...

Como estábamos traballando co noso proxecto do 3º trimestre, Plántate, decidimos devolverlle ao noso salgueiro a súa follaxe.

Cada un de nós foi escribindo, folla por folla, palabras en galego que nos gustan ou que aprendimos durante o curso.

Ao final, quedounos un salgueiro repleto de follas!



Quedounos unha última actividade en galego moi bonita, e foi unha maneira interesante de expresar o vocabulario que aprendimos durante todo o curso.

Bo verán a todos!!!