martes, 29 de outubro de 2019

O noso sementeiro

Hoxe na clase aprendemos a facer un sementeiro. 
Empezamos por analizar as sementes que plantaríamos, despois falamos sobre o proceso de plantación e rematamos por facelo nós mesmos!




De cada tipo de semente fixemos catro intentos en diferentes macetas, e primeiro con axuda, pero despois dun xeito autónomo plantamos todas as sementes. 

Agora tócanos coidalas moito e esperar a que crezan! Contarémosvos por aquí todo o proceso, pero de momento deixámosvos algunhas fotos!


Fai clic na imaxe para ver máis!


luns, 28 de outubro de 2019

Aniversario

Esta semana celebramos o aniversario de Carmen!
Parabéns polos teus 6 aniños Carmen!




El cariñograma

Uno de nuestros espacios favoritos dentro del colegio es el del Cariñograma. 

El cariñograma es una actividad en la que promovemos que dentro de la comunidad educativa se genere un clima positivo, en el que todos y todas y las que lo formamos aprendamos a ver las cualidades positivas de las personas que están a nuestro alrededor. 

Por esta razón, de forma semanal nos dejamos mensajes resaltando cosas buenas de los demás, y terminamos la semana recogiendo dichos mensajes y con una sonrisa en la cara. 

¿No os parece buena idea? ¿Por qué no hacemos esto de decir lo positivo más veces en vez de criticar y sacar lo negativo en todo momento? 

Nuestros peques desde luego lo tienen claro. 



Ginger con Isaac

Esta fin de semana o gañador do sorteo foi Isaac e Ginger viaxou á súa casa. 
Noraboa Isaac!


venres, 25 de outubro de 2019

Os seres vivos e os seres inertes

Esta semana tamén traballamos a diferencia entre seres vivos e seres inertes.

Fixémolo a través dun vídeo explicativo e reflexionando na clase entre todos.


Deixámosvos fotos para que vexades o moito que traballamos.



mércores, 23 de outubro de 2019

Aprendemos a sementar

Continuando co noso proxecto, esta semana fixemos unha pequena plantación na clase. 
Axudándonos dun algodón e auga, sementamos unhas poucas lentellas e as puxemos no noso pequeno horto, situado ao final do corredor. 

O obxectivo final desta plantación é meter as nosas plantiñas dentro dunha caixa, que ten un pequeno burato, cando medren un pouco e ver que é o que pasa. Por esta razón fixemos unha rutina de pensamento para reflexionar sobre o que creemos que acontecerá. 


Dentro dunhas semanas contarémosvos o resultado do experimento... Seguide atentos para saber o que acontecerá!

Fai clic na imaxe para ver máis. 

martes, 22 de outubro de 2019

Ajedrez

En clase de primero ya hemos empezado las clases de ajedrez de manera semanal. 

Desde ahora y hasta final de curso dedicaremos una hora semanal al trabajo de esta disciplina que tanto nos hace pensar, y a la vez disfrutar. 

De momento estamos familiarizándonos con el tablero y también con las figuras, aprendiendo sus nombres y a colocarlas en él, pero poco a poco iremos trabajando sus movimientos también. 

Os iremos contando más cosas sobre estas nuevas clases. 





luns, 21 de outubro de 2019

Ginger con Antía

Esta fin de semana Ginger viaxou a casa de Antía para coñecer a súa familia.

Esperamos que o pasárades moi ben Antía!


sábado, 19 de outubro de 2019

As partes das plantas

O noso proxecto continua, e esta semana traballamos as partes que teñen as plantas. 

Fixemos un mural grande e entre todos descubrimos as partes que as compoñen, e despois plasmamos todo nunha ficha individual que incluimos no noso porfolio. 




Ademais, aprendemos a autoavaliarnos. Aínda que este concepto de momento é moi abstracto e difícil de comprender, pouco a pouco é importante que vaian sendo conscientes dos seus progresos, dos puntos fortes e tamén das limitacións que teñen, e que aprendan a verbalizalo. 
Por esta razón fixemos a nosa primeira diana de autoavaliación.



venres, 18 de outubro de 2019

Aniversario

Hoxe celebramos o aniversario de Isaac todos xuntos na clase, soplamos as velas e compartimos unha tarta!

Parabéns Isaac!




xoves, 17 de outubro de 2019

Traballamos coas tabletas

Esta semana comenzamos a realizar as primeiras experiencias coa nosa tableta. Entre moitos nervios e emoción por fin chegou o día de traballar con ela!

Os encargados repartiron as tabletas por primeira vez, falamos das normas de uso do dispositivo, aprendemos a encendela e apagala e a utilizar o lapis. 

Toda unha experiencia! Pouquiño a pouco iremos contándovos os avances ao respecto! De momento deixámosvos algunhas fotos coas súas cariñas de concentración!





mércores, 16 de outubro de 2019

Aprendendo mates mentres xogamos

En clase de matemáticas repasamos as figuras xeométricas básicas e aprendemos o que son os vértices. 

Fixémolo a través do xogo, e neste caso en concreto dunha goma á que tiñamos que dar forma á vez que engadíamos membros ao xogo. Aprendemos que para facer un triángulo precísanse tres vértices (tres nenos), para un cadrado catro... 



Ademais traballamos as moedas, e fixémolo comprando e vendendo produtos do súper e con moedas "casi reais".



martes, 15 de outubro de 2019

Aprendizaxe cooperativa

Pouco a pouco ímonos asentando neste primeiro curso de primaria, e progresivamente aparecen novas responsabilidades que adquirir. 

Neste caso, esta semana tocou repartir os cargos cooperativos que desempeñaremos ao longo de todo o trimestre. 

Ademais, fixemos o noso primeiro plan de equipo, que consiste en escoller un nome, un logo que nos represente, decidir os obxectivos comúns que como equipo trataremos de lograr ao longo do trimestre, e tamén os compromisos persoais aos que cada un se compromete. 

Foi una mañán intensa de traballo pero pouco a pouco entramos nas rutinas de traballo "dos maiores" e o resultado está sendo moi positivo. 




luns, 14 de outubro de 2019

Ginger con Limber

Esta fin de semana Ginger viaxou a casa de Limber. 
Esperamos que o pasárades moi ben!



sábado, 12 de outubro de 2019

Sementar, sementarei!

Onte comenzamos o primeiro proxecto deste curso. Ao chegar ao cole todo estaba diferente, había moitas cousas novas e enseguida adiviñamos que algunha sorpresa estaba a punto de acontecer.



Entre moitos nervios investigamos as cousas que había pola clase e pouco a pouco nos demos conta de que empezaba un novo proxecto, o primeiro desta etapa de primaria que fai un mes comenzamos. 



Sementar, sementarei! é o título o proxecto, e nel traballaremos moitas cousas relacionadas coas plantas e coa alimentación saudable. 

Ademais coñecemos a Don Porfolio, un amigo que nos acompañará ao longo do proxecto, que nos axudará a aprender a pensar e no que recolleremos todo o traballo que desenvolvamos.



Tamén fixemos un pequeno xogo sensorial no que tivemos que adiviñar a través do olfato qué había dentro das caixas.


Por último, fixemos a Metacognición inicial do proxecto. Esta actividade consiste en reflexionar sobre o proceso de aprendizaxe, e fixémolo intentando contestar a unha serie de preguntas e tratando de pensar de que xeito queremos que se desenvolva o proxecto.


Fai clic na imaxe para ver máis. 

Trátase dunha actividade que conleva un proceso de reflexión importante, e que pouco a pouco iremos mellorando. 

Unha mañá diferente que nos serviu de reto inicial para introducirnos no noso novo proxecto. Queredes ver todo o que fixemos? Iremos contando por aquí todo paso a paso. 


Aniversario

O venres celebramos o aniversario de Lois. 
Parabéns Lois!




xoves, 10 de outubro de 2019

Vivir en sociedade - O plano da cidade

Hoxe traballamos os servizos da cidade e fixémolo buscando nun plano. Por equipos tivemos que atopar no plano da nosa cidade diferentes servizos e despois comentamos para que serve cada un deles. 



Finalmente conseguimos rematar todas as actividades propostas na paisaxe de aprendizaxe e completar o noso carné de cidadá! 


martes, 8 de outubro de 2019

Robótica - Lengua Castellana

En clase de Lengua Castellana hemos estado repasando la formación de palabras jugando con nuestro amigo Next.

Hemos aprendido a utilizarlo y además hemos trabajado contenidos de lengua.

Os dejamos algunas fotos.

Haz clic en la imagen para ver más. 



luns, 7 de outubro de 2019

Ginger con Candela

Esta fin de semana Ginger viaxou a casa de Candela. 

Noraboa Candela! Esperamos que disfrutaras moito da súa compañía!