sábado, 12 de outubro de 2019

Sementar, sementarei!

Onte comenzamos o primeiro proxecto deste curso. Ao chegar ao cole todo estaba diferente, había moitas cousas novas e enseguida adiviñamos que algunha sorpresa estaba a punto de acontecer.



Entre moitos nervios investigamos as cousas que había pola clase e pouco a pouco nos demos conta de que empezaba un novo proxecto, o primeiro desta etapa de primaria que fai un mes comenzamos. 



Sementar, sementarei! é o título o proxecto, e nel traballaremos moitas cousas relacionadas coas plantas e coa alimentación saudable. 

Ademais coñecemos a Don Porfolio, un amigo que nos acompañará ao longo do proxecto, que nos axudará a aprender a pensar e no que recolleremos todo o traballo que desenvolvamos.



Tamén fixemos un pequeno xogo sensorial no que tivemos que adiviñar a través do olfato qué había dentro das caixas.


Por último, fixemos a Metacognición inicial do proxecto. Esta actividade consiste en reflexionar sobre o proceso de aprendizaxe, e fixémolo intentando contestar a unha serie de preguntas e tratando de pensar de que xeito queremos que se desenvolva o proxecto.


Fai clic na imaxe para ver máis. 

Trátase dunha actividade que conleva un proceso de reflexión importante, e que pouco a pouco iremos mellorando. 

Unha mañá diferente que nos serviu de reto inicial para introducirnos no noso novo proxecto. Queredes ver todo o que fixemos? Iremos contando por aquí todo paso a paso.