xoves, 16 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS

Como cada ano, o 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, e o homenaxeado do 2019 é o etnógrafo galego Antonio Fraguas.
Ao longo desta semana, estivemos coñecendo un pouco a este autor, a súa traxectoria profesional vinculada a espazos da nosa cidade (o IES Rosalía de Castro e o Museo do Pobo Galego) e a importancia da defensa da cultura e lingua galegas.
Traballamos textos, poemas e debuxos que nos axudaron a coñecer mellor as nosas tradicións coma o traballo no campo, os mariñeiros...