martes, 20 de decembro de 2016

Expertos en Anatomía e coidado do corpo humano

Despois de moito traballo e esforzo os nenos e nenas de primeiro conseguiron o seu "Carné de expertos en anatomía e coidado do corpo humano".

Uffffffff!!!!!!! Canto traballamos para conseguilo!!! Aprendemos as partes do corpo nas tres linguas que estudamos, os ósos do corpo e moitas curiosidades sobre eles, os músculos que forman o noso corpo e o seu funcionamento, os aparatos máis importantes do corpo humano (circulatorio, respiratorio, dixestivo...), a importancia de seguir unha dieta adecuada, a pirámide alimenticia, os hábitos de vida saudables...

E deste xeito os profesores foron poñendo cuños en cada apartado ata que esta semana conseguimos completalos todos e ser EXPERTOS!!!

Deixámosvos algunhas fotos dese momento no que todos nos puxemos moi contentos.

Deste xeito dimos por concluído este primeiro proxecto sobre o corpo humano, co broche final da motivación que supoñía ir conseguindo pouco a pouco os cuños que nos acreditaban como expertos. 

Gracias a todos os que fixéchedes posible o desenvolvemento deste proxecto.