venres, 20 de outubro de 2017

Os ósos do corpo humano

Onte comezamos a seguinte actividade que forma o noso proxecto e que consiste en coñecer as funcións dos ósos dentro do noso corpo e á vez, conseguir recoñecer algún deles. 

Para esto comezamos por facer unha rutina de pensamento e reflexionar sobre as cousas que sei antes de traballar o tema na clase.



Despois desta reflexión visitounos un vello amigo do colexio, Mr. Bones, que nos axudará a aprender os ósos e nos acompañará ao longo de todo o proxecto. 

Así que xunto a Mr. Bones coñecemos algúns ósos como o cráneo, mandíbula, clavícula, costelas, columna vertebral, cadeira...

Fai clic na imaxe superior para poder ver máis. 

E para rematar observamos algunhas rafiografías, porque creemos que a mellor forma de aprender é experimentando e trasladando a "teoría" á práctica.
Desde logo, onte demostraron que son uns auténticos expertos recoñendo os ósos traballados nas radiografías.

E por certo, moitas gracias ás familias por colaborar porque sen a súa axuda prestándonos as radiografías sería imposible facer esta actividade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario