martes, 23 de xaneiro de 2018

Paisaxe de Aprendizaxe

As clases de Ciencias Naturais seguen avanzando, e cada día que pasa aprendemos algo novo sobre as plantas. 

A semana pasada centrámonos en afianzar a diferencia entre seres vivos e seres inertes, e tamén en coñecer as cousas que os seres vivos necesitan para vivir. 

Como xa vos explicamos anteriormente, todo isto a través da paisaxe de aprendizaxe que nos está levando a coñecer cada día moitas cousas novas. 

Deixámosvos algunhas fotos das clases da pasada semana.