xoves, 22 de febreiro de 2018

A historia de Santiago

O noso proxecto continúa e estes días andivemos a falar sobre a historia da nosa cidade.

Explicar contidos históricos non sempre é doado nestas idades, pero intentamos facelo dun xeito ameno e divertido. 

Empezamos contando unha historia e representando con figuras a evolución da cidade. Despois continuamos ordenando unha serie de datos que saíran nela e finalmente, foron eles mesmos quenes  a contaron e explicaron coas súas palabras. 

Deste xeito coñecemos as orixes da cidade, quen foi Paio, que atopou, como a catedral sufriu diferentes modificacións ata chegar a ser como hoxe en día, como a cidade creceu, que estaba rodeada por unha muralla con 7 portas, que había diferentes barrios...

Un xeito diferente de achegarnos ao noso pasado e coñecer un poquiño máis as nosas raíces.