xoves, 11 de outubro de 2018

Metacognición

Esta semana estuvo chea de novidades co inicio do proxecto. Despois de coñecer o tema do proxecto fixemos a metacognición inicial para reflexionar sobre o que sabíamos sobre o corpo humano, que queríamos aprender, que esperamos, etc... Esta é unha parte importantísima do proxecto e fixémolo moi concentrados e con moitas ganas.




Despois asignóusenos un rol de cooperativo: uns seremos coordinadores, outros supervisores, tamén hai secretarios e portavoces. Estamos moi emocionados con estas novas responsabilidades!
O seguinte paso foi facer un acordo co equipo; tivemos que poñerlle un nome, diseñar un logo (todo esto relacionado co proxecto por suposto), escribir os nosos nomes e o noso rol, e unha parte moi importante foi pensar compromisos persoais e compromisos como equipo. Finalmente asinamos o acordo no noso porfolio e no dos nosos compañeiros de equipo.






Ningún comentario:

Publicar un comentario