luns, 10 de decembro de 2018

COMER BEN É DIVERTIDO (segunda parte)

Hoxe visitounos de novo Lucía, de AECC. Puidemos aprender sobre a importancia de facer cinco comidas ao día e de que se compón cada unha delas, para poder medrar e aprender moito no colexio. Fixemos memoria do que nos falou na visita anterior e tamén comentamos a merenda de media mañá que levaba cada un. Fixemos un xogo de adiviñas con froitas e verduras e deixounos fichas moi interesantes, ademais de regalarnos un libro para poder consultar na casa cos nosos pais.