venres, 27 de setembro de 2019

Vivir en sociedade - Paisaxe de aprendizaxe

Unha paisaxe de aprendizaxe é unha ferramenta de programación que busca a personalización da aprendizaxe, e que a través do asombro, o enigma e o reto busca potenciar a motivación, autonomía e o traballo cooperativo nos máis pequenos. 

A secuencia de actividades que se plantexan nas paisaxes de aprendizaxe baséanse na teoría das intelixencias múltiples e na taxonomía de Bloom. 

Deste xeito, partimos deste tipo de metodoloxía para desenvolver a primeira unidade didáctica de ciencias sociais que comenzamos a traballar esta semana. 


Empezamos traballando os diferentes tipos de familias a través dun xogo de tarxetas e contando un conto maravilloso que se chama "Una gran familia".


Continuamos coa tarefa de facer unha árbore xenealóxica coa axuda das nosas familias.

E onte e hoxe traballamos as diferentes partes do cole. 

Nas próximas semanas seguiremos contándovos un pouquiño máis de todo o traballo que facemos na clase, pero de momento adelantámosvos que ao final conseguiremos ter un carné oficial de cidadán, no que por cada actividade realizada conseguimos unha pegatina, que dependendo da cor nos di se traballamos ben ou temos que mellorar un pouquiño.