xoves, 9 de xaneiro de 2020

O tempo meteorolóxico

Estes días na clase estamos a traballar o tempo meteorolóxico e farémolo a través dunha paisaxe de aprendizaxe (xa vos explicamos en entradas anteriores en que consisten este tipo de actividades).

Nesta ocasión comenzamos por abrir a paisaxe na nosa tableta e aprendemos a buscar a actividade que nos toca realizar. Pouco a pouco somos máis competentes dixitalmente e facemos este tipo de tarefas máis rápido e dun xeito máis eficaz. 






Despois traballamos en equipo e analizamos diferentes mapas para aprender os símbolos que se utilizan nos pronósticos do tempo.