luns, 30 de novembro de 2020

COIDANDO O NOSO CORPO

O noso proxecto segue avanzando semana a semana. Empezamos por coñecer o corpo humano por fóra e por dentro, pero ademais de toda esta parte, tamén estamos aprendendo a coidalo. 

Seguir un estilo de vida saudable, facer exercicio e alimentarse ben é fundamental, para que o noso corpo funcione correctamente. Por esta razón, a última tarefa tratará sobre estes aspectos. 

Comenzamos por coñecer a orixe dos alimentos que comemos, e reflexionar sobre aqueles que sofren un proceso de alteración para que duren máis ou teñan determinadas características. 


Despois clasificamos estes alimentos segundo a cantidade de veces que debemos comelos, utilizando a técnica do semáforo dos alimentos. 



Finalmente, utilizando o prato saudable aprendemos que para que a nosa dieta sexa variada debemos aportar ao noso corpo vexetais, hidratos, proteínas, froita, beber auga... entendendo que se sempre comemos os mesmos alimentos e nunca variamos, o noso corpo non estará recibindo todo o aporte de enerxía que necesita. 



Como vedes, nas últimas semanas traballamos un montón, reflexionando sempre tras cada actividade coas rutinas de pensamento e as dianas de avaliación que temos no noso porfolio. 

Estade atentos porque o proxecto está a piques de rematar e xa estamos pensando no producto final...