martes, 12 de setembro de 2023

PREPARADOS, LISTOS, XA!

Despois dun primeiro día de reencontros e volta á rutina, comenzamos o martes o noso proxecto 0.

Este proxecto é un pequeno traballo que realizamos as primeiras semanas de clase, no que nos propoñemos coñecer o noso cole a fondo, as normas que debemos seguir e aprender a traballar con todo o novo material que se nos presenta na etapa. 

Por iso, empezamos por realizar o desafío inicial, que consistiu nun pequeno Scape Room, no que os nenos e nenas debían descifrar 4 problemas matemáticos e conseguir un código númerico, co que poder liberar á mascota da clase, que se atopaba retida por un malvado villano. 

Tras aceptar o reto, os ninjas de 1º conseguiron superar as probas e salvar a Nenobot, a nosa mascota. 







Tras esta actividade, fixemos unha rutina de pensamento que se chama COLOR, SÍMBOLO, IMAXE (CSI), e que nos axudou a reflexionar sobre o que acababa de pasar.




Tamén fixemos a METACOGNICIÓN INICIAL, na que reflexamos o que esperamos deste proxecto e como nos sentimos. 



Despois do recreo xuntámonos cos compañeiros e compañeiras de 6º de Educación Primaria, que nos ensinaron o cole e as súas normas.



Fai clic na imaxe para ver máis.

Rematamos por xogar un ratiño na clase, e coñecer os novos xogos deste cole. Desde logo un día intenso, cheo de sorpresas e moitas novidades!