mércores, 13 de decembro de 2023

SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS COTIÁS

Nesta última tarefa do noso proxecto aprendemos sobre as profesións. 

Empezamos reflexionando sobre o que eran as profesións e facendo unha chuvia de ideas sobre todas aquelas que conociamos. 

Tamén fixemos unha rutina de pensamento na que reflexamos aquelas cousas que pensabamos sobre os oficios, como que todos son importantes, que teñen unha función na sociedade, que valen para axudar aos demais...



Continuamos aprendendo vocabulario novo, tanto en lingua castelá como en lingua galega e en inglés. 



Tamén pensamos no futuro, e en todo aquelo que nos gustaría ser:  construtores, profesores, detectives, médicos... ¡saíu un pouquiño de todo!




Finalmente, coñecemos as profesións dos mellores superheroes e superheroínas do mundo, que son mamá e papá que nos mandaron vídeos sobre as súas profesións, e con eles aprendemos que todos os traballos son importantes e que temos que valorar o esforzo que fan por todos nós.