venres, 9 de marzo de 2018

O verme das emocións

O verme das emocións xa se fixo grande e de momento non vai a crecer máis. Despois de varias semanas de traballo intenso das emocións de forma individual conseguimos incorporalas todas e parece que pouco a pouco as imos entendendo mellor. 

Evidentemente este é un traballo moi longo e non se pode conseguir todo en tan pouco tempo, que todos sabemos o difícil que é o control das emocións... ata aos adultos nos costa un montón... pero polo menos agora podemos describir cada unha delas un pouco mellor e as identificamos con algunhas situación, o que fai que falar delas nos resulte un pouquiño máis sinxelo. 

Aquí tendes algunhas fotos destes días e do noso verme. Todos estamos moi emocionados con esta nova parte da clase, e Draco por fin pode seguir contándonos as súas historias e nós aprendendo del. 

Fai clic na imaxe para ver máis.