mércores, 21 de marzo de 2018

Os animais - Paisaxe de Aprendizaxe

Despois de tres semanas intensas de traballo nas que dedicamos varias tardes ao traballo dos animais, onte por fin demos por concluida a nosa paisaxe de aprendizaxe. 

Traballamos os animais domésticos e salvaxes, os ovíparos e vivíparos, os terrestres, acuáticos e aéreos, e os herbívoros, carnívoros e omnívoros. Canto traballiño fixemos nas últimas clases de Ciencias da Natureza!

Coma sempre traballando en equipo e axudándonos entre todos, aportando ideas e ofrecendo o mellor de nós, a través de actividades variadas aprendemos moitas cousas sobre os animais. 

Onte por fin chegamos á última actividade na que inventamos un animal, xustificando todas as súas características, tendo en conta o traballado na clase nas semanas anteriores. Saíron algúns animais moi divertidos e orixinais, algúns afecionados aos churros con chocolate, porcos nadadores, outros que voaban por enriba do sol, que comían tiburóns... a orixinalidade non faltou, e dentro de todo este traballo imaxinativo, repasamos os conceptos traballados na unidade. 

Como premio final conseguimos a última ficha do puzzle e por fin soubemos cal era o animal escondido que tanto misterio nos producía...!

O mellor de todo foi rematar a clase coa pregunta:  - Profe, para cando a próxima paisaxe de aprendizaxe? 

Aprendemos xogando, traballando en equipo, con pequenas recompensas que fan que 4 das actividades fosen voluntarias e ningún neno se quedase sen realizalas porque todos e cada un deles querían facer todo e non deixarse nada!

Deixámosvos fotos das tres últimas sesións para que vexades como traballan en equipo, en diferentes espacios do colexio que eles escollen e como distrubúen o seu tempo e actividades.

Fai clic na imaxe para ver máis.