luns, 18 de xaneiro de 2021

CAMPUS STELLAE

Comeza un novo trimestre e con el un novo proxecto, dentro da nosa metodoloxía na que ABP é un dos piares máis fortes. 

Hoxe tocou a fase de motivación, esa na que lle metemos aos nenos as ganas de aprender máis e máis. 

Chegamos ao cole e todo estaba cambiado, todo diferente e como agora xa somos algo veteranos, pronto nos decatamos de que empezaba un novo proxecto. Revisamos xuntos o título e os fíos condutores e tamén descubrimos o novo porfolio. 

Despois collemos as nosas tablets e viaxamos a diferentes lugares do mundo, deixando a nosa cidade, e centro do proxecto, para o último lugar. 

Para rematar pintamos unhas cunhas de vieira, que adornarán a nosa clase nos próximos meses. 

Unha mañá completiña que podedes ver neste vídeo resumo do día. Tamén vos deixamos algunhas fotos

Fai clic na imaxe para ver máis.