venres, 15 de xaneiro de 2021

CÓBADO CON CÓBADO CHEGA MÁIS ALÁ

Como xa vos contamos esta semana, o produto final do noso primeiro proxecto estaba destinado aos compañeiros de Educación Infantil. 

Despois de ver todos os nosos consellos comenzaron a poñer en práctica o aprendido e practicaron como se deben lavar as mans e como hai que colocar as máscaras. 

Gracias por escoitarnos con tanta atención e por facelo tan ben!