xoves, 18 de marzo de 2021

PEREGRINOS EXPLORADORES

Hoxe por fin puidemos sair do cole e complementar un pouquiño o noso proxecto. 

Despois de tanto traballar o Camiño de Santiago, hoxe percorremos un trociño do final e chegamos nós tamén á Catedral. Como bos peregrinos levamos a nosa credencial que fomos sellando a medida que conseguiamos resolver as adiviñas que a profe nos propoñía. 

Esas adiviñas era sobre os monumentos e zonas que traballamos ao longo do proxecto, e que hoxe por fin vimos en directo. 

Ademais tivemos a sorte de entrar na Catedral pola Porta Santa e percorrela un pouquiño, agora que está tan bonita. Nesta visita acompañounos Don Luis Otero que se acercou a saudarnos na nosa saída. 

Finalmente voltamos ao cole cansos de tanto camiñar, porque isto de ser peregrino é moi duro! Pero que ben o pasamos!

E coma bos peregrinos que conseguen os sellos na súa credencial, ao final teñen a recompensa da Compostela!

Premede na foto para ver máis fotos da nosa saída de hoxe!

Preme na imaxe par ver máis.