martes, 21 de setembro de 2021

DEBUXAMOS A NATUREZA

Para comezar a clases de Ciencias Naturais, a profe pediunos que debuxáramos o que máis nos gustaba da natureza.

Cando rematamos os nosos bonitos debuxos, cada un foino ensinándoo aos compañeiros e explicando que debuxaramos e porque. Dende peixes de cores nadando nun mar moi azul, pasando por bosque cheos de árbores e paxaros, ata praias e incluso animais tan grandes como as xirafas ou tan pequenos coma as arañas.

Ademais, ao facelo de pé, diante dos compañeiros, vainos axudar a aprender a falar en público e a saber escoitar con atención a quen nos fala.