luns, 24 de xaneiro de 2022

AS NOSAS EMOCIÓNS

Comezamos a dedicarlle unha sesión semanal a traballar as emocións, moi importante para xestionar os diferentes momentos que vivimos ao longo da nosa vida. Para iso, dende o cole, preparouse un plan de coidado das emocións, tras o vivido nos últimos anos. Deste plan realizaranse, no que queda de curso, varias actividades ademais de empregar outros materiais que axudarán na identificación e xestión das emocións.

A primeira sesión foi arredor de 3 emocións que xa coñecemos, tristura, alegría e enfado. Primeiro repasamos e recordamos emocións, experiencias, momentos, recordos... que estamos a vivir nos últimos meses (quedar na casa sen poder saír, mascarillas, distancia social...) e os plasmamos en varios post-it a través de palabras ou debuxos que despois colocamos sobre a emoción que sentimos ante esa situación que recordamos vivir.

Por último, compartimos en grande grupo esas experiencias e emocións vividas.