xoves, 10 de marzo de 2022

CREAMOS UNHA NOTICIA

Xa que estamos a celebrar a "Semana da prensa", aprendimos a crear e escribir unha noticia.

A profe propúxonos que entre todos inventáramos unha noticia que nos gustase, que fose positiva ou incluso divertida, para contrastar as malas noticias que nos rodean cada día.

Cada equipo pensou unha idea de noticia e despois decidimos entre as seis noticias cal nos gustaba máis. A notocoa elixida foi que abría un novo bar la última planta da Torre Eiffel en París!!!!!!!!

Unha vez elixida a noticia, cada equipo decidiu a pregunta á que darlle resposta (que, cando, onde, como, a quen e porque). Entre todos axudámonos a decidir a resposta a cada pregunta, para desenvolver a nosa noticia e despois cada equipo escribiu a súa parte nunha peza de quebracabezas para formar o quebracabezas da nosa noticia.