luns, 14 de marzo de 2022

LÍQUIDOS NEWTONIANOS

Un dos experimentos que realizamos no noso proxecto "Clube dos científicos" foi descubrir que un líquido pode ser duro e brando á vez!!!!!

Os experimentos sempre os realizamos seguindo os pasos do método científico, 6 pasos que inclúen observar o nosos entorno, facernos unha pregunta, realizar unha hipótese, experimentar e analizar os resultados.

A profesora, ao realizar o experimento, mesturou auga e maicena ata crear unha "pasta" que era dura e branda á vez, dependendo da forza que lle poñiamos. Todos puidemos probar e sorprendeunos moito este experimento!!!