venres, 21 de outubro de 2022

Aprendendo con Google Maps

 

Ola familias!

Todos sabemos a importancia que teñen as novas tecnoloxías para nosos peques e o importante que é ensinarlles ha facer un bo uso das mesmas. Pois hoxe quixemos iniciarnos no uso dunha aplicación que case, case se usa a diario, trátase do Google maps.

Todo comezo, ás veces custa algo máis, pero os nosos prebenxamines son grandes aprendices.

Premendo neste enlace podedes vernos en acción: Iniciándonos no Google maps

Nas seguintes clases introducimos a gamificación.... "os equipos de clase convertémonos en investigadores, tendo que pasar varias probas, buscando os lugares que lles indica o seu superior. Unha actividade á altura dos mellores detectives".

Neste outro enlace, atoparedes a nosa experiencia: Aprendemos xogando con Google maps

Mamás e papás, poñédenos a proba e xoguemos a buscar distintos lugares.


Un saúdo.