xoves, 27 de outubro de 2022

Movéndonos polo mundo

 Ola familias!

Estos días tócanos falar de como podemos movernos polo mundo. Xa vimos que cos mapas podemos atopar cidades, pobos e moitas outras cousas... pero como podemos ir dun lado para outro?

Traballarremos estos aspectos con rutinas de pensamento, algo que nos fai activar o cerebro e axúdanos a pensar e adquirir conciencia crítica sobre un tema concreto. 

Neste caso, o primeiro que fixemos foi unha chuvia de ideas, algo moi útil para expoñer que medios de transportes coñecemos.


Neste enlace poderedes vernos en acción Medios de transporte

A seguinte rutina de pensamento que fixemos e a das "Preguntas estrela", entre todos elaboramos unha serie de preguntas sobre medios de transportes e despois escollimos 2 ou 3 para poder buscar as respostas. Isto fíxo poñer toda a nosa atención no tema do que estabamos a falar.