mércores, 24 de maio de 2023

Excursión a "A Casa do Queixo"

 Ola familias!

Onte, os alumnos de primeiro fomos de excursión a Casa do Queixo, en Sobrado dos Monxes. A excursión realizámola xunto cos compañeiros de segundo e os cursos 4, 5 e 6 de infantil.

A emoción palpábase, unha saída con comida, talleres, xogos, animais e sobre todo, moitas cousas por aprender sobre o queixo e a súa elaboración.

Pasámolo moi ben e puidemos interactuar cos nosos compañeiros de cole.

No taller de arxila aprendemos a moldear, na horta plantamos as nosas sementes para despóis velas crecer, no taller de queixo deixáronnos muxir e despois elaboramos o noso queixo fresco, e que deseguido puidemos comer. E o mais sorprendente, poder ver de preto aos animais da granxa. A Platero, a Pepa, Max, Tor, Rosalía...

Sen dúbida, foi unha experiencia moi divertida e educativa.

Un saúdo.