mércores, 17 de maio de 2023

SEMENTANDO GALEGO

Boas a todos e todas!

En liña co noso proxecto deste 3º trimestre, "Plántate", nas clases de Lingua Galega levamos uns días traballando cunha actividade que iremos facendo ao longo do que queda de curso.

Enfrente da nosa clase, apareceu de súpeto un salgueiro chorón, pero o pobre non tiña ningunha folla!

Para arranxar isto, decidimos comezar unha actividade chamada "Sementando Galego". Nesta actividade, ao longo dos días iremos poñéndolle follas ao noso salgueiro, e en cada unha desas follas cada un de nós irá poñendo palabras en galego que nos gustan ou que aprendimos neste curso.

De momento o noso salgueiro xa ten algunhas follas, pero aínda nos queda traballo por facer para recuperalo. Deixámosvos unha foto para que vexades como vai agora, e seguirémosvos informando de como vai avanzando!