luns, 22 de xaneiro de 2024

BOOM!

 Empezamos un novo proxecto e entre nervios e ilusión percorremos a clase coa nova decoración nada máis chegar ao cole. 






Este trimestre traballaremos para coñecer o mundo que nos rodea e descubrir de que está feito. 

Empezamos coa situación de aprendizaxe, que é a primeira actividade de cada proxecto, na que descubrimos un pouquiño máis de que irá o proxecto. 

Nela, fixemos uns pequenos experimentos e puxemos a proba os nosos sentidos, tratando de darlles resposta a través da ciencia. Algo blando, algo áspero, algo amargo, algo doce, un son desagradable, outro agradable, un olor desagradable e outro que nos gustaba máis... 










Rematamos facendo unha rutina de pensamento chamada CSI,  coa que puxemos en orde as ideas sacadas de todo o acontecido. 



Despois, rematamos reflexionando sobre todo o que acontecerá no noso proxecto, facendo a METACOGNICIÓN INICIAL, na que entre todos, respondemos ás preguntas que nos facían. 

Unha mañá moi intensa, que nos prepara para un proxecto cheo de traballo e aventuras. ¿Estades preparados para acompañarnos?