venres, 12 de xaneiro de 2024

PRODUCTO FINAL

O noso primeiro proxecto chega ao seu fin, e tras tres meses de moito traballo, os nenos e nenas de primeiro levan varias semanas dándolle voltas ao seu produto final. 

Como xa sabedes, o que se pretende con este peche do proxecto é aplicar o aprendido ao longo de todo o mesmo dalgún xeito no que salga das catro paredes da aula e chega ao exterior. 

Neste caso, falamos sobre as necesidades que había no cole e as cousas que lles preocupaban, e unha das que dixeron é que sempre que saían do cole tiñan que ir da man de papa ou mamá porque era perigoso o tráfico que había no recinto escolar. 

Por esta razón, decidiron pedir a toda a comunidade escolar sentidiño á hora de acceder ao recinto, e tamén qie haxa una zona reservada para peóns. Para facer esta reclamación, fixeron unha manifestación hoxe pola tarde, coa axuda de todos os compañeiros e compañeiras do resto de cursos.

Nas próximas semanas e en canto o tempo o permita, colocaremos sinais de velocidade e pintaremos a zona que quedará reservada para peóns e para aparacamento do persoal do centro. 

Deixámosvos algunhas fotos de cando pedimos axuda aos nenos e nenas das outras clases e lles explicamos a proposta, e da manifestación