luns, 8 de abril de 2024

ENRAIZADOS

Entre nervios e moita emoción empezou o último proxecto deste curso. Atopamos a clase convertida nunha pequena selva e pronto decubrimos que traballaremos sobre as plantas e a natureza. 






A situación de aprendizaxe que levamos a cabo consistiu en armar tres rompecabezas diferentes, a través dos que descubrimos que faremos no proxecto: traballar con sementes, con ferramentas de xardín e con froitas e verduras. Que ben o pasamos tratando de descubrir as tres cousas!




Tamén vimos un vídeo no que nos explicaron como se comunican os seres vivos!

Rematamos a situación, reflexionando a través dunha rutina de pensamento que é Cor, Símbolo e Imaxe, na que resumimos o que fixeramos ao longo da mañá. 



Rematamos coa metacognición inicial, que cada vez nos sae mellor, xa que agora somos capaces de escribir solos todo o que pensamos. Como se nota que xa case estamos en segundo!