venres, 12 de abril de 2024

SCAPE ROOM BOTÁNICO

A profe Sara, que estivo con nós de prácticas durante as últimas semanas, preparounos unha sesión moi innovadora sobre comprensión lectora, relacionada co noso proxecto. 

Fixo un Scape Room no que tivemos que axudar a Xela e Martín a escapar dun invernadoiro no que quedaran atrapados. Tivemos que resolver diferentes probas de comprensión lectora para finalmente atopar 4 números escondidos que lles permitiron saír. 

Pasámolo xenial, repasamos contidos do proxecto e traballamos a comprensión lectora! 

Gracias Sara por esta sesión e por acompañarnos nas últimas semanas na clase con tanto cariño e dedicación!