luns, 24 de outubro de 2016

A nosa familia

Aprender como é noso corpo por dentro é unha das partes fundamentais do proxecto que estamos a levar a cabo; os ósos, as partes do corpo, o funcionamento dos órganos que o compoñen, a importancia de seguir unha alimentación adecuada...
Pero ademais, tamén cremos que é importante que os nenos sexan conscientes de que como seres humanos temos directamente relacionada unha función social, de relación cos demais, de pertenza a unha familia, a unha sociedade, comprender as diferencias entre nós... 
É por iso que en Ciencias Sociais traballamos a familia e a súa organización e todo o que isto conleva. Hoxe presentamos na clase as nosas árbores xenealóxicas e de paso coñecemos un pouquiño máis aos nosos compañeiros.