luns, 17 de outubro de 2016

Bambán viaxa con Ethan

Como todos sabedes Bambán é a nosa mascota. Apareceu un día no colexio cando aínda non empezara o curso e pediunos aos profesores acompañar aos nenos e nenas da clase de primeiro durante todo o curso. 
Cada semana viaxa a unha casa para vivir novas aventuras. 
Ter unha mascota escolar ensínanos a ser responsables, xa que debemos coidar algo que pertence a todos e que debe volver en bo estado tras o descanso da fin de semana. 
A primeira semana o afortunado en disfrutar de Bambán foi Ethan.
Bo traballo Ethan! Merécelo!