domingo, 9 de outubro de 2016

Empeza un novo curso

O día 12 de setembro empezamos un novo curso. Os maiores do cole coñecemos as novas instalacións e aos novos profesores que nos acompañarán nesta nova etapa que comeza hoxe. 
Despois dalgúns xogos de presentación, fixemos unha gymkana de xogos por todo o colexio; debíamos superar probas para conseguir as fichas dun puzzle que nos axudaría a coñecer á nosa mascota de clase. 
Foi un día moi especial para todos!