venres, 16 de abril de 2021

AS NOSAS HABILIDADES

Dentro do noso proxecto de emocións, xunto coa Fundación Meniños, estes días estivemos falando sobre a AUTOESTIMA. 

Por esta razón, comenzamos bailando a danza das habilidades, na que cada un tiña que decir unha cousa que se lle dese ben. Pasámolo moi ben facéndoo porque ademais invitamos tamén a algúns profes que pasaban polo corredor a bailar con nós. 

A raíz desta actividade, ao longo de toda a semana, cada peque tivo que facer na casa a súa propia lista de habilidades, que hoxe compartimos con todos na clase. 



Parécenos fundamental lembrar aos nosos nenos e nenas todas as cousas que son capaces de facer, e que ademais fan moi ben, xa que ademais de mellorar a súa autoestima reforzamos a súa autonomía, fundamental nestes primeiros anos. 

Por outra banda, incorporamos á nosa aula un novo espazo, o TABOLEIRO DAS EMOCIÓNS, no que cada día poden elixir como se senten cambiando o seu nome dunha emoción a outra.