martes, 6 de abril de 2021

O CAMIÑO DE SANTIAGO - PRODUCTO FINAL

Despois de todos estes meses de traballo, por fin podemos presentarvos o noso producto final deste segundo proxecto do curso. 

Os peques de 1º de Educación Primaria decidiron ensinar a outros nenos e nenas todos os seus coñecementos sobre o Camiño de Santiago, e para iso, utilizamos a técnica do croma para gravar pequenos vídeos nos tres idiomas que estudamos no cole; deste xeito, chegará a moitos máis nenos de diferentes lugares do mundo. 

Deixámosvos aquí os enlaces aos vídeos, e tamén o folleto de propaganda que fixemos, no que para acceder aos vídeos debemos escanear os códigos QR. 

Esperamos que vos guste e que aprendades moitas cousas con eles!

Bo Camiño e Bo Ano Santo Xacobeo 2021!