venres, 23 de abril de 2021

SEMANA DE ANIMACIÓN Á LECTURA

Hoxe, como cada 23 de abril, celebramos o Día do Libro no cole, e ademais, damos por iniciada a Semana de Animación á lectura, que celebraremos nos vindeiros días. 

Despois dunha inauguración vía online e respectando os protocolos COVID, todos os alumnos e alumnas do 2º ciclo de Educación Infantil e Educación Primaria desfrutamos duns minutiños xuntos, nos que falamos sobre o por que deste día, xogamos cos libros e asistimos á visualización do primeiro periódico "A Voz do Neno". 


Deixámosvos por aquí o enlace para que poidades velo. Nel hai noticias sobre o día a día do noso cole, que os alumnos e alumnas de cuarto e quinto de Educación Primaria editaron eles mesmos, utilizando a aplicación CANVA.

Esperamos que vos guste!