xoves, 15 de abril de 2021

PLAN DE EQUIPO

Co inicio do novo proxecto, na clase de primeiro xa desenvolvemos o noso plan de equipo, a través do cal tomamos conciencia do grupo no que traballaremos nos seguintes meses. 

Para facelo pensamos un nome que nos represente (relacionado co proxecto), un logo, pensamos os obxectivos comúns que como equipo queremos conseguir e tamén os compromisos persoais que cada un pensa cumplir como membro do equipo. 

Cada día facémolo mellor, e aínda que o traballo en equipo é unha tarefa que nos costa moito, debemos entrenala desde os primeiros cursos cada día, para conseguir resultados a longo prazo. 

Falando cos membros do equipo para chegar a un consenso.