Amosando publicacións coa etiqueta Ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ciencia. Amosar todas as publicacións

luns, 17 de febreiro de 2025

Un día no laboratorio!

 Como xa ben sabedes, no noso proxecto estamos a convertirnos en pequenos científicos e científicas. E, como bos científicos/as, estamos facendo diferentes experimentos de cando en vez para ir aprendendo.

Sen embargo, o outro día tivemos a oportunidade de ser científicos e científicas nun laboratorio de verdade! 

Grazas a Don Fernando, mestre dos maiores de secundaria, puidemos ir ao seu laboratorio a facer e a ver diferentes experimentos nos que traballamos a dureza, a resistencia, a conductividade.... e incluso fixemos unha nube dentro dunha botella!

Estamos aprendendo moito e, sobre todo, estámolo a pasar moi ben grazas á ciencia!

Deixámosvos aquí unha serie de fotos e vídeos para que poidades ver o ben que o pasamos!



mércores, 3 de abril de 2024

PRODUCTO FINAL

O noso proxecto chegou ao seu fin, e como produto final esta vez creamos un pequeno podcast.

Trátase dun programa de radio que se chama "El invento secreto", no que debemos adiviñar o invento escondido tras as adiviñas e sons que vos propoñemos. 

Estades preparados?


xoves, 14 de marzo de 2024

CIENTÍFICOS EN PRÁCTICAS

O proxecto chega ao seu fin e nesta última tarefa estamos facendo experimentos e tratando de explicar conceptos básicos que explican o mundo que nos rodea. 

Aprendemos a romper a tensión superficial da auga, a comprobar a densidade de diferentes líquidos e coñecemos o que é a cohesión da auga. 

Deixámosvos algunhas fotos por aquí.