Deixámosvos aquí un pequeno vídeo para que vexades o que fixemos está mañá no cole, coa motivación inicial do terceiro proxecto.
Esperamos que vos guste! Nós, desde logo, pasámolo xenial!
Deixámosvos aquí un pequeno vídeo para que vexades o que fixemos está mañá no cole, coa motivación inicial do terceiro proxecto.
Esperamos que vos guste! Nós, desde logo, pasámolo xenial!
Despois de todos estes meses de traballo, por fin podemos presentarvos o noso producto final deste segundo proxecto do curso.
Os peques de 1º de Educación Primaria decidiron ensinar a outros nenos e nenas todos os seus coñecementos sobre o Camiño de Santiago, e para iso, utilizamos a técnica do croma para gravar pequenos vídeos nos tres idiomas que estudamos no cole; deste xeito, chegará a moitos máis nenos de diferentes lugares do mundo.
Deixámosvos aquí os enlaces aos vídeos, e tamén o folleto de propaganda que fixemos, no que para acceder aos vídeos debemos escanear os códigos QR.
Esperamos que vos guste e que aprendades moitas cousas con eles!
Bo Camiño e Bo Ano Santo Xacobeo 2021!
Comeza un novo trimestre e con el un novo proxecto, dentro da nosa metodoloxía na que ABP é un dos piares máis fortes.
Hoxe tocou a fase de motivación, esa na que lle metemos aos nenos as ganas de aprender máis e máis.
Chegamos ao cole e todo estaba cambiado, todo diferente e como agora xa somos algo veteranos, pronto nos decatamos de que empezaba un novo proxecto. Revisamos xuntos o título e os fíos condutores e tamén descubrimos o novo porfolio.
Despois collemos as nosas tablets e viaxamos a diferentes lugares do mundo, deixando a nosa cidade, e centro do proxecto, para o último lugar.
Para rematar pintamos unhas cunhas de vieira, que adornarán a nosa clase nos próximos meses.
Unha mañá completiña que podedes ver neste vídeo resumo do día. Tamén vos deixamos algunhas fotos.
![]() |
| Fai clic na imaxe para ver máis. |
Rematamos o trimestre facendo o produto final do noso primeiro proxecto.
Aprendemos como é o noso corpo por dentro e por fóra, e tamén a coidalo, e nesta misión que sempre temos de que os proxectos non se queden dentro da nosa clase, senón que camiñen e cheguen a máis xente, decidimos que sería unha boa idea ensinar aos máis pequenos do cole a coidar tamén o seu corpo.
Deste xeito, gravamos uns pequenos consellos que ao longo de toda a semana as profes de infantil lles están poñendo aos compañeiros de segundo ciclo, para que eles aprendan tamén as cousiñas das que nós falamos na clase.
Deixámosvos aquí o noso produto final que con tanto cariño preparamos e esperamos que a vós tamén vos sirva para aprender moitas cousas.
![]() |
| Fai clic na imaxe para ver máis. |
![]() |
| Utiliza un lector de códigos QR para acceder a la información. |
| Ejes conductores de nuestro proyecto. |
![]() |
| Actividades de metacognición en el porfolio. |
![]() |
| Iniciando la grabación del anuncio para TVCASADONENO. |
| Título do proxecto |
| Fíos condutores do proxecto. |